CHATGPT, UN LORO ESTOCÁSTICO NA AULA DE BIOLOXÍA

Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 179-190 (2023)

https://doi.org/10.54954/202395179

Acceso ao artigo completo en PDF

ChatGPT, un loro estocástico na aula de bioloxía

Nicolás Lucas Domínguez, Antonio Rivas Menéndez, Andrea Freire Valiño, Elena Eiras Fariña (IES A Pontepedriña)

O recente lanzamento do sistema interactivo de síntese de texto ChatGPT está recibindo unha importante atención nos medios de comunicación, atribuíndoselle tamén un grande impacto potencial no ámbito educativo, pese a que esta intelixencia artificial traballe con formas e non con significados lingüísticos. Puxemos a proba a súa utilidade para a realización da actividade didáctica “Filoxenia con secuencias proteicas”, que precisa do uso da base de datos de UniProt, das súas ferramentas bioinformáticas, así como da interpretación datos cuantitativos e cladogramas. A axuda que proporciona o sistema resultou ser moi escasa para o alumnado que o puxo a proba, e que xa fora moi competente na realización desta actividade. Os resultados suxiren que este recurso podería, por exclusión, ser de utilidade para valorar a adecuación de actividades didácticas que se empregan no ensino das ciencias.

Como citar este artigo:

Lucas Domínguez, N., Rivas Menéndez, A., Freire Valiño, A., Eiras Fariña, E. (2023). ChatGPT, un loro estocástico na aula de bioloxía. Boletín das Ciencias, 95, 179-190. DOI: 10.54954/202395179