Buscadores de elementos, constructores do Sistema Periódico

Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 63-72 (2019)

https://doi.org/10.54954/201987063

Acceso ao artigo completo en PDF

Buscadores de elementos, constructores do Sistema Periódico

Constantino Armesto Ramón (IES Illa de Tambo)

No ano 1869, hai cento cincuenta anos, Dimitri Mendeleiev publicou unha táboa periódica dos elementos quı́micos que, desenvolta e refinada, é, quizá, unha das leis cientı́ficas que exerceu máis influencia. A táboa, que ocupa un lugar preeminente no estudo da quı́mica, é unha das ideas máis frutı́feras da ciencia moderna, quizá comparable coa teorı́a de evolución de Darwin ou coa teorı́a da tectónica global. A diferenza da mecánica de Newton, non foi desmentida pola fı́sica moderna e, a pesar dos profundos cambios habidos na ciencia durante o séculos XX e XXI (pénsese na teorı́a da relatividade e na mecánica cuántica), a estrutura básica da táboa non sufriu unha transformación radical, senón que se adaptou e madurou. Sinalemos algúns sabios que interviñeron na súa construción, sen esquecernos dos que, previamente, buscaron e acharon os distintos elementos quı́micos.

Como citar este artigo:

Armesto Ramón, C. (2019). Buscadores de elementos, constructores do Sistema Periódico. Boletín das Ciencias, 87, 63-72. DOI: 10.54954/201987063.