BIOINORGÁNICA, OS ELEMENTOS INORGÁNICOS NA QUÍMICA DA VIDA

Boletín das Ciencias, núm. 97, páx. 63-75 (2024)

https://doi.org/10.54954/202497063

Acceso ao artigo completo en PDF

Bioinorgánica, os elementos inorgánicos na química da vida

Manolo Bermejo Patiño, Ana M. González Noya, Marcelino Maneiro Maneiro, Rosa Pedrido Castiñeiras, Laura Rodríguez Silva, Ángeles Sánchez González (Universidade de Santiago de Compostela)

A Química Bioinorgánica representa a disciplina emerxente da ciencia que estuda o papel que xogan os elementos inorgánicos en medios biolóxicos. Os elementos químicos inorgánicos inciden nos organismos vivos por múltiples vías. Nalgúns casos son esenciais para o desenvolvemento de funcións vitais dos organismos, ao estar presentes de forma natural en diferentes metaloproteínas ou sistemas claves de diversos procesos fisiolóxicos. Algúns elementos teñen unha natureza tóxica, provocando danos nos seres vivos, outros elementos son chave na síntese de principios activos con actividade farmacolóxica, xa sexa con fins de terapia ou de diagnose.

Como citar este artigo:

Bermejo Patiño, M., González Noya, A. M., Maneiro Maneiro, M., Pedrido Castiñeiras, R., Rodríguez-Silva, L., Sánchez-González, A. (2024). Bioinorgánica, os elementos inorgánicos na química da vida. Boletín das Ciencias, 97, 63-75. DOI: 10.54954/202497063