Boletín das Ciencias, núm. 99, páx. 145-148 (2025)
https://doi.org/10.54954/202599145
Acceso ao artigo completo en PDF
Asuntos magnos en dous capítulos. Cousas veredes amigo Sancho
José María de la Viña
Este verán, gozando dun saboroso café na miña terraza favorita, lin unha nova (www.culturacientifica.com, 18-junio-2021) que me chamou bastante a atención: nun dos volcáns extintos de Marte, do grupo da meseta de Tharsis, concretamente no volcán Arsia Mons, de uns 20 km de altura (a montaña terrestre más alta na Terra é de case 8 km), víñase de descubrir unha especie de nube asombrosa que, nacendo no cumio da montaña, estendíase cara o oeste uns 1800 km de lonxitude, e uns 150 km de ancho. Era unha nube das etiquetadas como orográfica, que é cando a escasa humidade da súa atmosfera, condensa ó subir por la aba dunha elevación, e forma unha nube. A nube en cuestión, non era de auga líquida, como as habituais na Terra, senón de partículas de xeo de auga; non de CO2. As condicións atmosféricas, alí en Marte, de presión e temperatura e orográficas, non deixan outra cousa.
Como citar este artigo:
De la Viña, J.M. (2025) Asuntos magnos en dous capítulos. Cousas veredes amigo Sancho. Boletín das Ciencias, 99, 145-148. DOI: 10.54954/202599145
