Análise do cuestionario do barómetro do CIS de abril de 2020

Boletín das Ciencias, núm. 92, páx. 17-25 (2021)

https://doi.org/10.54954/202192017

Acceso ao artigo completo en PDF

Análise do cuestionario do barómetro do CIS de abril de 2020

José Antonio Carpente Sardiña (IES de Fene)

Neste artigo preténdese poñer énfase na importancia da elaboración do cuestionario dunha enquisa para minimizar os erros e facela, xa que logo, de máis calidade e utilidade.
Primeiramente, repásanse os distintos tipos de erros que poden aparecer ao elaborar unha enquisa; a continuación, enuméranse distintas técnicas e estratexias para minimizar eses erros; finalmente, faise unha análise dalgunhas preguntas do barómetro do CIS de abril de 2020.

Como citar esta referencia:

Carpente, J. A. (2021). Análise do cuestionario do barómetro do CIS de abril de 2020. Boletín das Ciencias, 92, 17-25. DOI: 10.54954/202192017.