Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 191-211 (2023)
https://doi.org/10.54954/202395191
Acceso ao artigo completo en PDF
Achegamento á detección de ideas previas en Primaria
Jessica Rodríguez Piñeiro (Ceip Plurilingüe de Cedeira)
Este traballo aborda a importancia da detección das ideas previas nos proxectos de ciencias da natureza en Educación Primaria (EP). De acordo cos paradigmas construtivista e socioconstrutivista, a avaliación das ideas previas do alumnado é primordial de cara a xerar novas aprendizaxes. Cómpre que o profesorado sexa capaz de identificar as ideas previas do alumnado co obxectivo de deseñar estratexias de ensino e aprendizaxe adecuadas. Despois dunha investigación bibliográfica, recollemos estratexias e instrumentos que permiten analizar ideas previas en proxectos relacionados con ciencias da natureza, deseñamos algúns para poñer en práctica nunha aula de EP reflexionando sobre a súa eficacia, valor e impacto a través das respostas do alumnado, os seus debates e diálogos na aula, a interacción profesorado- alumnado e as anotacións do profesorado.
Como citar este artigo:
Rodríguez Piñeiro, J. (2023). Achegamento á detección de ideas previas en Primaria. Boletín das Ciencias, 95, 191-211. DOI: 10.54954/202395191.