A utilidade dos puntos cuánticos

Boletín das Ciencias, núm. 89, páx. 11-30 (2020)

https://doi.org/10.54954/202089011

Acceso ao artigo completo en PDF

A utilidade dos puntos cuánticos

Manuel R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro e Rosa Pedrido

Neste artigo temos como obxectivo dar a coñecer como é o mundo dun tipo de nanomateriais metálicos chamados Puntos Cuánticos (PCs) ou, en terminoloxía inglesa, os Quantum Dots (QDs). A pretensión deste traballo é a de estudar que se entende hoxe por Puntos Cuánticos, como é a súa constitución, cal é o seu tamaño e forma; de que tipo resulta ser o seu enlace, como consecuencia do seu confinamento cuántico; cal é o efecto da luz sobre o tamaño e a natureza destes novos materiais; como son os métodos de obtención hoxe e como podemos caracterizar estes novos materiais; como son as súas propiedades e por ende as súas interesantes aplicacións como consecuencia da súa constitución; cal é a importancia actual das súas aplicacións tanto na industria dos sensores químicos modernos, como sondas fluorescentes, como na farmacoloxía; como se realiza a bioconxugación destes materiais para a detección (diagnose) de tumores malignos e, posiblemente, para a súa utilización na terapia do cancro.

Como citar este artigo:

Bermejo, M. R., González-Noya, A. M., Maneiro, M., Pedrido, R. (2020). A utilidade dos puntos cuánticos. Boletín das Ciencias, 89, 11-30. DOI: 10.54954/202089011.