A Táboa Periódica na era do Machine Learning

Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 149-158 (2020).

https://doi.org/10.54954/202090149

Acceso ao artigo completo en PDF

A Táboa Periódica na era do Machine Learning

Emilio Martínez Núñez (Universidade de Santiago de Compostela)

Cando se me propuxo escribir este capítulo acerca do que significa para min, un químico que desenvolve modelos e traballa con computadores, a táboa periódica, non sabía moi ben por onde empezar. Con todo, pronto descubrín que Mendeleev, deseñador da táboa periódica no ano 1869 o que fixo foi racionalizar, ordenar e mesmo predicir os elementos químicos, accións que tamén leva a cabo un químico teórico cando pretende entender por exemplo as reaccións químicas, como é o meu caso. Por outra banda, a táboa periódica é como unha ecuación matemática que condensa moito do coñecemento existente sobre os elementos químicos. A maioría dos químicos e físicos teóricos que traballan con átomos ou moléculas non fan nin máis (nin menos) que iso: constrúen modelos (escritos na linguaxe matemática) que codifican coñecemento e teñen a capacidade de predicir comportamentos futuros.

Como citar este artigo:

Martinez Núñez, E. (2020). A Táboa periódica na era do Machine Learning. Boletín das Ciencias, 90, 149-158. DOI: 10.54954/202090149.