Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 13-37 (2020)
https://doi.org/10.54954/202090013
Acceso ao artigo completo en PDF
A Táboa Periódica, máis que química
Ramón Cid Manzano (IES de Sar; Universidade de Santiago de Compostela)
Como todos sabemos, e así se ten posto de manifesto este Ano Internacional da Táboa Periódica, a carta dos elementos químicos é moito máis ca Química. As posibilidades didácticas que se poden atopar a partir dela son innumerables, e deben permitir a creación na aula da necesaria conexión entre as “frías” columnas e filas desa táboa e o excitante e apaixonante escenario humano que estivo detrás da súa construción.
Neste artigo preséntanse algúns feitos vencellados ao descubrimento, síntese e clasificación dos elementos químicos, coa intención de que o lector ou lectora que os descoñeza poda coñecelos e utilizalos na aula. Achegaremos así esa extraordinaria concreción científica a un alumnado que na maioría síntese alleo a ela, diante de nomes e símbolos que lles parecen moi afastadas da súa realidade e intereses. Abórdanse soamente algúns deses casos, seleccionados con o único criterio de ser considerados de especial valor divulgativo por quen isto escribe, e estando seguro de que no resto destas páxinas aparecerán outros moitos recursos que completarán esta intencionalidade didáctica.
Como citar este artigo:
Cid Manzano, R. (2020). A Táboa Periódica, máis que química. Boletín das Ciencias, 90, 13-37. DOI: 10.54954/202090013.
