Boletín das Ciencias, núm. 99, páx. 29-36 (2025)
https://doi.org/10.54954/202599029
Acceso ao artigo completo en PDF
A Táboa Periódica máis antiga de Galicia é aínda máis antiga
Javier García Martínez (Universidad de Alicante)
Manuel R. Bermejo, Marcelino Maneiro (Universidade de Santiago de Compostela)
Xoán Carlos Rodríguez (IES Lucus Augusti)
Recentemente publicamos o artigo “A táboa periódica do IES Lucus Augusti: a máis antiga de Galicia?“ e, sobre o seu contido, recibimos moi diversos comentarios. Moitos deles resaltaban a importancia da posta en valor, por medio desta centenaria Táboa, do patrimonio científico existente nos centros de ensino de Galicia; outros eran para incidir sobre a urxente necesidade de preservar tanto material histórico-científico valioso, que está a piques de se perder; noutros eran a posibilidade da creación dalgún colectivo interesado en ocuparse de conservar, manter en funcionamento, exhibir, organizar xornadas conxuntas para debater sobre o uso didáctico deste valioso material na aula, etc. Pero o máis importante do que aconteceu coa publicación do noso traballo foi a carta que nos dirixiu o noso querido, compañeiro no traballo da química inorgánica, Javier García Martínez. O Dr. García Martínez é unha autoridade tanto na química mundial, canto no mundo da didáctica e como un gran divulgador da historia da ciencia é un gran especialista, tamén, nos estudos históricos da Táboa Periódica. Aceptamos, como moi pertinentes, as aclaracións realizadas polo Dr. García Martínez e pasamos a datar, momentaneamente, a táboa do IES Lucus Augusti sobre o ano 1906.
Como citar este artigo:
García-Martínez, J., Bermejo, M.R., Maneiro, M., Rodríguez, X.C. (2025) A Táboa Periódica máis antiga de Galicia é aínda máis antiga. Boletín das Ciencias, 99, 29-36. DOI: 10.54954/202599029
