Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 247-262 (2020)
https://doi.org/10.54954/202090247
Acceso ao artigo completo en PDF
A Química, a Táboa Periódica e o Estado do Benestar
Manuel R. Bermejo (Universidade de Santiago de Compostela)
Neste capítulo pretendo facer unha reflexión, moi persoal, sobre como considero de transcendental a influencia que a Táboa Periódica exerce na química, e a influencia desta no histórico desenvolvemento da nosa sociedade, ata conseguir o Estado de Benestar que hoxe temos. Quero tamén lembrar que a declaración da UNESCO de decembro de 2017 proclamando o ano 2019 como “Ano Internacional da Táboa Periódica”, non só pretendía celebrar os 150 da publicación da táboa periódica de Mendeleev, e outras moitas efemérides, senón tamén subliñar neste ano “as achegas das ciencias experimentais (física e química) ao desenvolvemento sostible”. Esta proclama da UNESCO mándanos, ao profesorado das ciencias actuais e, de modo particular aos químicos, a dicirlle á sociedade actual quen somos, canto de bo ten a nosa profesión e canto de importante é, hoxe, para resolver os problemas existentes.
Como citar este artigo:
Bermejo, M. R. (2020). A Química, a Táboa Periódica e o Estado do Benestar. Boletín das Ciencias, 90, 247-262. DOI: 10.54954/202090247.