Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 129-144 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987129
Acceso ao artigo completo en PDF
A metalurxia na historia do Sistema Periódico
Manuel R. Bermejo, Ana M. González-Noya, Marcelino Maneiro e Rosa Pedrido (Universidade de Santiago de Compostela)
Neste capítulo pretendemos ir amosando como se foron descubrindo moitos dos distintos elementos metálicos nos seus minerarios e como se foron inventando os distintos métodos de beneficiación, para chegar a obtelos puros e preparar as diversas aliaxes de interese industrial que contribuíron ao desenvolvemento da historia da humanidade. Faremos unha presentación histórica do seu descubrimento, pasando por aquelas épocas máis transcendentais: os metais máis antigos da historia; os metais que xa eran coñecidos a finais do século XVIII e que foron recollidos por Lavoisier no seu famoso “Tratado”; o impulso que a química do século XIX deu á metalurxia o que permitiu preparar moitos novos elementos químicos e dar lugar á aparición dos elemento metálicos lantanoides; a metalurxia moderna nacida da termodinámica no século XX e a síntese dos metais novísimos nacidos da tecnoloxía do crisol nuclear, que permitiu obter os metais actinoides e tódolos elementos que integran o período con número principal n=7.
Como citar este artigo:
Bermejo, M. R., González-Noya, A. M., Maneiro, M., Pedrido, R. (2019). A metalurxia na historia do Sistema Periódico. Boletín das Ciencias, 87, 129-144. DOI: 10.54954/201987129.