Boletín das Ciencias, núm. 90, páx. 159-168 (2020).
https://doi.org/10.54954/202090159
Acceso ao artigo completo en PDF
A importancia da Táboa Periódica na Ciencia dos Materiais
Francisco Rivadulla (Universidade de Santiago de Compostela)
Como en calquera outra rama da Química, a TPEQ xogou un papel fundamental no desenvolvemento da Ciencia de Materiais, ó influír de xeito decisivo na comprensión da relación entre as propiedades químicas e físicas dos materiais e as propiedades dos átomos que os compoñen. Tal vez para comprender a gran capacidade que nos da a TPEQ para desenvolver esta intuición á hora de preparar compostos está ben recordar que collendo só os 70 elementos máis comúns, son posibles 2415 combinacións binarias, 54740 ternarias e 916895 cuaternarias. Non dispor deste sistema clasificatorio teríanos condenados á proba-erro hasta a eternidade. Os métodos computacionais de data mining e cálculo in-silico xogarán tal vez o papel da TPEQ no futuro da Ciencia de Materiais.
Como citar este artigo:
Rivadulla, F. (2020). A importancia da Táboa Periódica na Ciencia dos Materiais. Boletín das Ciencias, 90, 159-168. DOI: 10.54954/202090159.
