Boletín das Ciencias, núm. 87, páx. 85-101 (2019)
https://doi.org/10.54954/201987085
Acceso ao artigo completo en PDF
A evolución histórica da Táboa Periódica
Concepción García Rodríguez (IES Terra de Trasancos)
A aparición de elementos químicos ao longo da Historia ten que ver, por unha banda, coa propia natureza química dos elementos, e por outra, coa evolución do coñecemento científico. A organización dos elementos estará asociada a Historia da Química, a Historia da Ciencia e a Historia da Humanidade. Se nos remontamos a antigüidade, apenas unha ducia de elementos eran coñecidos e empregados polos nosos antepasados.
Empédocles (450 a.C.) propuxo que toda a materia terreal está formada por catro elementos (terra, aire, lume e auga), Aristóteles (350 a.C.), engadiu un quinto elemento, o éter que forma os corpos celestiais, esféricos e perfectos.
Estas ideas perduraron case 2000 anos, durante séculos escuros, aínda que os alquimistas continuaron a indagar en primitivos laboratorios. Sería Galileo (1564-1642), activador da revolución científica no Renacemento, o que observando a lúa co seu telescopio atopou probas de que Aristóteles estaba errado, xa que a perfección circular non era o que el percibía. A táboa de afinidades de Geoffroy, na que agrupaba por columnas as sustancias pola súa tendencia á combinación, tendía unha ponte entre a alquimia e a química.
Como citar este artigo:
García Rodríguez, C. (2019). A evolución histórica da Táboa Periódica. Boletín das Ciencias, 87, 85-101. DOI: 10.54954/201987085.