Boletín das Ciencias, núm. 95, páx. 229-238 (2023)
https://doi.org/10.54954/202395229
Acceso ao artigo completo en PDF
A estatística nos clubs de ciencias
María Ángel Martínez Rodríguez (IES Agra do Orzán)
O Club de Ciencias representa unha oportunidade para que o alumnado, por unha banda, amplíe a súa formación e, por outra, desenvolva proxectos propios nos que o método científico e a imaxinación están intimamente unidos. A estatística é unha rama das matemáticas que non é extensamente traballada no currículo de secundaria, pero a súa grande relación coa vida real é evidente, e máis na época do “big data” na que nos atopamos, polo que resulta moi sinxelo identificar temas cotiás que teñen cabida nela. A participación en concursos de estatística é, polo tanto, un feito que xorde espontaneamente das anteriores premisas e que, para o alumnado, é extremadamente motivador.
Como citar este artigo:
Martínez Rodríguez, M. A. (2023). A estatística nos clubs de ciencias. Boletín das Ciencias, 95, 229-238. DOI: 10.54954/202395229.